![]() |
Paul Klee |
Aproveitei onte e fun ver a exposición sobre o pintor Paul Klee, que se pode visitar ata o 30 de xuño na Fundación Juan March en Madrid (www.march.es). É un dos meus pintores favoritos (a verdade é que teño moitos pintores e pintoras favoritos), e ademais foi un excelente violinista, polo que sempre tivo presente a música á hora de crear. A súa obra é impresionante por varios motivos: posúe gran beleza, debuxou e pintou moitísimo, estudou durante toda a súa vida sobre pintura, música e outras artes, escribiu e ensinou todo o que meditou sobre pintura, natureza, color, ritmo, movemento, sobre a creación e a construcción, sobre que é unha obra de arte,...Tamén foi "mestre" dunha prestixiosa escola: a Bauhaus.
![]() |
Paul co seu grupo musical. |
![]() |
Paul e o seu fillo Felix. |
![]() |
Wassily Kandinsky |
Á volta das vacacións, veremos unha exposición sobre Paul Klee na nosa aula. Por iso prepareivos unha serie de enlaces nos que podereis indagar e descubrir máis cousas deste gran artista. Espero que vos feitice como a min!
Un video sobre a súa obra pictórica: aquí.
Outro video: aquí.
Comentario sobre Paul Klee (Fundación Juan March): aquí.
Unha pequena biografía: aquí.
Outra pequena biografía: aquí.
Sobre a Escola da Bauhaus: aquí. Moi interesante!
Os cadros de Kandinsky: aquí.
Sobre Kandinsky: aquí.
![]() |
Paul Klee no seu obradoiro. |
![]() |
Escola de Bauhaus de Weimar. |