miércoles, 27 de marzo de 2013

PINTURA: Paul Klee, mestre da Escola da "Bauhaus"

Paul Klee


Aproveitei onte e fun ver a exposición sobre o pintor Paul Klee, que se pode visitar ata o 30 de xuño na Fundación Juan March en Madrid (www.march.es). É un dos meus pintores favoritos (a verdade é que teño moitos pintores e pintoras favoritos), e ademais foi un excelente violinista, polo que sempre tivo presente a música á hora de crear. A súa obra é impresionante por varios motivos:  posúe gran beleza,  debuxou e pintou moitísimo,  estudou durante toda a súa vida sobre pintura, música e outras artes,  escribiu e ensinou todo o que meditou sobre pintura,  natureza, color, ritmo, movemento, sobre a creación e a construcción, sobre que é unha obra de arte,...Tamén foi "mestre" dunha prestixiosa escola: a Bauhaus.



Paul co seu grupo musical.
Paul Klee naceu en decembro de 1879 en Münchenbuchsee, xunto a Berna, en Suiza. O seu pai era músico e profesor de música; a súa nai era cantante; aos sete anos Paul xa era un bo violinista e aos once ingresou na Orquesta da Sociedade Musical de Berna. En 1906 casou con Lily Stumpf, pianista, e tiveron un fillo, Felix. Un dos seus mellores amigos durante toda a súa vida foi outro gran artista e pintor, tamén mestre na Bauhaus: Wassily Kandinsky. En 1940, aos sesenta anos de edade, Paul morreu en Moralto-Lugano (Suiza).


Paul e o seu fillo Felix.
Wassily Kandinsky

Á volta das vacacións, veremos unha exposición sobre Paul Klee na nosa aula. Por iso prepareivos unha serie de enlaces nos que podereis indagar e descubrir máis cousas deste gran artista. Espero que vos feitice como a min!



Un video sobre a súa obra pictórica: aquí.
Outro video: aquí.
Comentario sobre Paul Klee (Fundación Juan March): aquí.
Unha pequena biografía: aquí.
Outra pequena biografía: aquí.
Sobre a Escola da Bauhaus: aquí. Moi interesante!
Os cadros de Kandinsky: aquí.
Sobre Kandinsky: aquí.

Paul Klee no seu obradoiro.



Escola de Bauhaus de Weimar.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 

Pintasilvas Copyright © 2011 Designed by Ipietoon Blogger Template and web hosting