domingo, 10 de marzo de 2013

NATURALEZA: Mar de plásticos, ¡peligro creciente!

Cultivos baixo plático. Ao fondo, o mar.
  Nos últimos cincuenta anos, pouco a pouco, o consumismo desmesurado acostumbrounos a usar e tirar todo tipo de cousas sen darlles a oportunidade de podelas utilizar máis dunha vez. Cando chegamos a casa despois de facer a compra, dámonos conta de todos os cartóns e embalaxes que tiramos en perfecto estado, e bolsas, montóns de bolsas de plático; cantos deses embalaxes son realmente imprescindibles? Moi pocos, case ningún. Usar e tirar, usar e tirar: negocio para uns poucos, contaminación para todos, morte segura.

Investigadores xunto ao cachalote barado en Granada.
 Morte segura! Onte lin no xornal a terrible historia dun cachalote que baoru na costa de Granada. Cando os investigadores analizaron un dos seus tres estómagos, atoparon case cincuenta quilos de plásticos, macetas, cordas... Os plásticos reventaron o seu estómago e lle causaron a morte. Deixo aquí o enlace á nova, para que vos podades dar conta do pouco cerebro que temos as persoas, do pouco que nos preocupamos por o que realmente é o noso fogar: a Natureza.


 Pensemos en todo isto e poñamos todo da nosa parte para reutilizar, reciclar e dar novos usos a todo o que temos antes de depositalo no colector. Non esquezas levar bolsas cando fagas a compra: contaminaremos menos, aforraremos cartos e invertiremos en preservar o medio ambiente.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 

Pintasilvas Copyright © 2011 Designed by Ipietoon Blogger Template and web hosting